Severo de Antioquía

Severo de Antioquía

Teólogo. Monxe e presbítero, foi enviado en 509, a Constantinopla por protestar polas persecucións monofisitas. Converteuse en patriarca de Antioquía en 512, foi favorable ao Henōtikón. Deposto polo Emperador Xustino (518), fuxiu a Exipto, onde desenvolveu unha grande actividade literaria durante dez anos. Ao retornar a Antioquía, frecuentou Constantinopla, onde coa protección da Emperatriz Teodora, traballou pola causa monofisita ata que, novamente exiliado, en 536 se refuxiou definitivamente en Exipto. As súas obras conserváronse sobre todo en traducións siríacas, destacan a colección de Cartas e unha serie de 125 Homilías; moitas das súas composicións poéticas consérvanse no Oktoekhos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sozópolis, Pisidia