Seymour, Edward

Seymour, Edward

Político inglés, conde de Hertford e I duque de Somerset. Comandou as forzas inglesas que invadiron Escocia (1544), saqueou Edimburgo e venceu os    os franceses en Boulogne (1545). Despois da morte de Enrique VIII (1547) foi nomeado protector polo Consello de Rexencia. Consolidou a Reforma Protestante e impuxo o primeiro Book of Common Prayer (1549). As súas medidas de axuda ás clases pobres rurais provocaron unha coalición entre os propietarios e o seu rival John Dudley. Acusado de traizón, foi executado.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Londres