Shan
Shan
Rexión e estado federado de Myanmar (155.801 km2; 4.416.000 h [estim 1994]). A súa capital é Taunggyi. Ocupa a rexión de altiplanos sucados polo Salween e os seus afluentes. A poboación pertence maioritariamente ao grupo shan. Ten cultivos de arroz, algodón e durmideiras para a produción de opio.