Shetland, illas

Shetland, illas

Grupo de illas do Reino Unido situadas entre o mar do Norte e o Océano Atlántico, a uns 100 km ao NL das illas Orcadas (1.438 km2; 21.988 h [2001]). Constitúen un distrito unitario de Escocia. A capital é Lerwick (7.223 h [1981]). Está formada por un cento de illas, moitas delas deshabitadas, entre as que sobresae Mainland, a máis grande. De clima húmido e solo pobre, a súa principal riqueza é a gandaría ovina e a pesca.