sibilante

sibilante

(< lat sibĭlante, p pressibilāre)

  1. adx

    Que fai un asubío.

  2. adx e s f [LING]

    Aplícase á articulación en que o son fricativo ou africado se acompaña dunha especie de asubío característico, máis agudo ou máis grave, segundo sexa máis ou menos angosto o canal vocálico. O sistema galego de sibilantes deriva das sibilantes medievais que contaban con seis elementos:
    /Z/ (gente) - /ʃ / (baixo)
    /dz/(razón) - /ts/ (paço)
    /zª/(rosa) - /sª/ (passo)
    Este subsistema arcaico localízase aínda na Baixa Limia ourensá e en Hermisende. Neste sistema prodúcense dous cambios significativos xa en época medieval dando paso ao chamado subsistema de transición. Por un lado a simplificación dos fonemas africados predorsodento-alveolares, xordo e sonoro, coa perda do elemento oclusivo inicial, transformándose en fonemas fricativos predorsodento-alveolares xordo e sonoro (cambio compartido co portugués):
    /dz/ > /z9/ (rason)
    /ts/ > /s9/ (paso)
    E por outro lado a neutralización entre as sibilantes xordas e sonoras en favor das primeiras (desonorización):
    /Z/-/ʃ/ > /ʃ/ (xente)
    /z9/-/s9/ > /s9/ (paso)
    /zª/-/sª/ > /sª/ (rosa)
    Este subsistema de transición está en vías de desaparición no galego actual, pois só se conserva nalgúns falantes en puntos de Taragoña, case sempre con interferencias doutros subsistemas, aínda que practicamente coincide co que existe marxinalmente nas localidades portuguesas de Rio de Onor e Guadramil, e na zamorana de Rihonor. Na modalidade que funciona como estándar fonético do galego moderno, os antigos fonemas apicoalveolar (/sª/) e predorsodentoalveolar (/s9/) afástanse pola reducida marxe de seguridade que existe entre os dous, e aparece o fonema interdental xordo /θ/ a partir do anterior predorsodentoalveolar xordo:
    /s9/ > /θ/ (cabeza)
    O sistema común de sibilantes do galego queda así con tres elementos derivados dos seis medievais:
    sistema medieval     |     galego moderno


    FORMULA

Palabras veciñas

Sibila de Anjou | sibilación | sibilancia | sibilante | sibilino -na | Sibilinos, montes | Sibiu