sibilino -na
sibilino -na
(< lat sybillīnu)
-
adx
Relativo ou pertencente ás sibilas.
-
adx
Que é misterioso ou enigmático.
-
libros sibilinos
Escolma de oráculos dos tempos de Tarquinio o Soberbio, que llos adquiriu á sibila de Cumas. Escritos en grego, nun estilo enigmático, estaban relacionados coa sibila e o culto de Apolo. Gardábanse en Roma, no templo de Xúpiter Capitolino, pechados nun estoxo de pedra. Foron destruídos no incendio do Capitolio (83 aC), aínda que o senado fixo reunir outra escolma.