Siegel, Arthur
Siegel, Arthur
Fotógrafo. Estudou na Escola da Nova Bauhaus, onde creou a sección de fotografía (1946), xunto con Moholy-Nagy. Traballou para a Farm Security Administration (1935-1943) onde documentou os efectos da Gran Depresión. Pioneiro do uso expresivo da fotografía en cor en 35 mm, investigou as posibilidades plásticas dos fotogramas e dos fotogravados. Recoñecido pola súa serie de imaxes de destacados edificios de Chicago, recibiu o Premio do Instituto Americano de Arquitectos (1979).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Detroit, Michigan -
Deceso
Lugar : Chicago, Illinois