Siemens

Siemens

Familia de enxeñeiros e industriais alemáns. Werner von Siemens (Lenthe 13.12.1816-Berlín 6.12.1892) especializouse en galvanoplastia e construcións eléctricas. Xunto con J. G. Halske fundou a empresa Siemens Halske (1847), dedicada ás instalacións telegráficas. Enunciou o principio da dínamo (1866), construíu unha locomotora eléctrica que funcionou en Berlín (1879) e ideou tamén pilas, pirómetros e luces eléctricas. Os seus irmáns Wilhelm von Siemens (Lenthe 4.4.1823-Londres 19.11.1883) e Friedrich von Siemens (Menzendorf 8.12.1826-Dresden 24.4.1904), inventaron o forno de recuperación para a fusión do aceiro e do vidro. Con Werner colaborou tamén outro irmán, Carl von Siemens (Menzendorf 3.3.1829-Menton 21.3.1906). A obra dos Siemens foi continuada polos tres fillos de Werner.