Sienkiewicz, Henryk
Sienkiewicz, Henryk
Novelista polaco. A súa obra achegou o alento romántico dos grandes feitos históricos da Polonia do s XVII, como en Pan Wolodyjowski (Un heroe polaco, 1887-1888), ou das loitas medievais coas ordes xermánicas en Krzyżacy (Cabaleiros teutóns, 1897-1900). Escribiu Quo vadis? (1894-1896), co que obtivo un importante éxito a escala internacional, novelas psicolóxicas e contos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1905.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Wola Okrzejska -
Deceso
Lugar : Vevey, Vaud