Sierra Maestra

Sierra Maestra

Cordilleira do SL de Cuba que se estende desde o cabo Cruz ata a baía de Guantánamo, ao longo duns 250 km. É unha rexión moi abrupta, á beira do mar, con altitudes que oscilan entre os 1.000 e os 1.500 m, e acadan a máxima no pico Turquino (2.005 m). Foi base do foco guerrilleiro dirixido por Fidel Castro durante a Revolución Cubana.