Sierra Pambley, Fundación

Sierra Pambley, Fundación
[EDU]

Fundación creada en Villablino (León) en 1886 para fins educativos, baixo a dirección e criterios da ILE, chegando a desenvolverse unha das máis notables institucións educativas privadas do primeiro terzo do s XX. Xurdiu como resposta a unha conflitividade obreira, que se converteu na principal preocupación dos tratadistas da “cuestión social”. Representa unha solución reformista que transita polas opcións liberal e republicana e cristaliza no krausismo e institucionismo españois. A fundación impulsou, por vía familiar, tamén unha pequena escola primaria en Ribadeo.