Sierra, marquesado de La

Sierra, marquesado de La

Título nobiliario concedido por Carlos II, xunto co vizcondado de Albeos, en 1694 a Fernando Antonio Mariño de Lobeira Andrade e Sotomayor , señor de Albeos. A IV marquesa de La Sierra, María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo Figueroa (Pontevedra 14.11.1734-?), casou con Antonio Patiño Castro, fillo do II marqués de El Castelar e grande de España, e ambos os dous títulos uníronse no seu fillo, Ramón Fernando Patiño y Mariño de Lobeira (Zaragoza 26.7.1753-?), V marqués de La Sierra e III marqués de El Castelar, e nos seus sucesores ata que en 1984 Luis Patiño Covarrubias , X marqués de La Sierra e VIII marqués de El Castelar cedeu o título de marquesa de La Sierra (XI) á súa filla Magdalena Patiño Muguiro (Madrid 28.11.1958). Trae por armas escudo partido de Mariño e de Lobeira, timbrado con coroa marquesal.