Siete Partidas, Las

Siete Partidas, Las
[DER]

Código xurídico elaborado baixo a dirección do Rei Afonso X o Sabio, que comprende sete libros ou partidas chamados Libro de las Leyes ou Fuero de las Leyes. Trátase dunha ampla enciclopedia de dereito, sobre toda clase de materias xurídicas, así como sobre fundamentos filosóficos, morais e históricos de cada unha das institucións. Inspiradas fundamentalmente nas fontes do dereito romano e do dereito canónico, e nos textos dos romanistas e canonistas estranxeiros, a iniciativa de facer esta magna obra debeuse a Fernando III, quen comezou a escribir o libro Septenario, máis tarde continuado polo seu fillo Afonso X coa colaboración dunha comisión de xuristas. O Corpus Iuris Civilis constitúe a súa fonte principal. Tiveron unha gran difusión, e foron traducidas durante a Idade Media ao galego, portugués e catalán.