Siguan i Soler, Miquel

Siguan i Soler, Miquel

Psicólogo e escritor. Doutor en Filosofía (1951), especializouse en psicoloxía social, foi pioneiro no estudo da emigración e dedicouse principalmente á psicolingüística, ao estudo da linguaxe infantil e dos problemas relacionados co bilingüismo. Dirixiu (1969) o I Instituto de Ciencias de la Educación e foi o director científico do proxecto LINGUAPAX da UNESCO. Membro da Academia Europea, é doutor hororis causa polas Universidades de Ginebra e do País Vasco. Das súas obras destacan Del campo al suburbio. Un estudo sobre la inmigración interior en España (1959), Educación y bilingüismo (1986), España plurilingüe (1992), L’Europe de les llengües (1995) e Bilingüismo y lenguas en contacto (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona