Sigüenza
Sigüenza
Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha (4.724 h [2001]). Centro comercial e agrario, ten explotacións forestais e industrias téxtiles e do calzado. Foi a Segontia romana, construída sobre un antigo poboado celtibero, e sé episcopal en tempo dos visigodos. O conxunto histórico foi declarado BIC en 1965. Destaca a catedral de Nuestra Señora (ss XII-XVIII), que acolle o sepulcro de Martín Vázquez de Arce, coñecido como El Doncel (s XV), declarada BIC en 1931.