Sil ano 2000, O
Sil ano 2000, O
[PUBLIC]
Xornal publicado no Barco de Valdeorras a partir de outubro de 1996. Editado pola empresa de comunicación Garherve, apareceu orixinalmente como unha publicación de carácter deportivo que editou a asociación cultural Ainúr entre xaneiro e marzo de 1995. Tras o seu fracaso, Garherve fíxose cargo da cabeceira e engadiu á información deportiva outras noticias de carácter local, comarcal e autonómico, ademais de ampliar as seccións de cultura, política e natureza. Cunha periodicidade mensual, o xornal distribuíuse desde a provincia de Ourense a diversos países do mundo.