sílaba
sílaba
(
s
f
[LING]
Son ou conxunto de sons que se pronuncian xuntos nunha soa emisión de voz. Unha sílaba sempre contén un núcleo que estará formado por unha vogal ou soante, acompañadas ou non de soantes e consoantes, que forman a marxe. A gramática tradicional divide as sílabas en directas (ca, be), inversas (in, ad) e mixtas (pan, sal), pero polo xeral, as sílabas clasifícanse en libres ou abertas cando rematan en núcleo (bo, ca-sa), e en trabadas ou pechadas cando acaban en marxe (már-tir). Segundo recaia sobre ela o acento de intensidade ou non, as sílabas tamén se poden dividir en tónicas (ou acentuadas) e átonas (ou non acentuadas), pois é a sílaba o segmento sobre o que recae o acento.