Siles Zuazo, Hernán

Siles Zuazo, Hernán

Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Paz

  • Deceso

    Lugar : Montevideo