Sīlīguri

Sīlīguri

Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao O do río Mahāmanda (226.677 h [1991]). É un centro comercial debido ao tráfico entre Darjeeling e Sikkim. Desde a partición entre India e Paquistán (1947) e a creación de Bangladesh (1971), converteuse en centro de refuxiados.