sililación
sililación
(< sililo)
s
f
[QUÍM]
Proceso mediante o que se introduce na estrutura dunha molécula orgánica un radical trialquisililo, xeralmente o trimetilsililo (-Si(CH3)3)). Aplícase tanto na análise química, na formación de derivados volátiles que poden ser estudados por cromatografía, coma na síntese orgánica, por constituír un método de protección de diversos grupos funcionais.