sillimanita

sillimanita

(< antropónimo B. Silliman)

s f [MINERAL]

Silicato de aluminio, de fórmula Al2SiO5, que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos. Cristaliza no sistema rómbico e normalmente aparece en masas prismáticas ou fibrosas. É branca ou ocasionalmente verdosa, ten un brillo vítreo e, ás veces, sedoso nas súas variedades fibrosas, unha dureza de 7 e unha densidade de 3,24.

Palabras veciñas

Silleda | Silleiro, cabo | Silliman, Benjamin | sillimanita | Sillobre | Sillon, Le | sillumela