Siloé, Diego de
Arquitecto e escultor, fillo de Gil de Siloé. Formouse en Burgos co seu pai e con Bartolomé Ordóñez, con que fixo o retablo da capela Caraccioli de San Giovanni in Carbonara, en Nápoles. En Burgos realizou para a catedral os sepulcros de Luis de Acuña (1519) e Diego de Santander, e a Escalera Dorada (1519-1523). En Granada (1528) rematou a igrexa de San Jerónimo e continuou, en estilo renacenista, as obras da catedral, fixo a Puerta del Perdón e as estatuas orantes dos Reis Católicos na Capilla Real. Interveu como arquitecto no Colegio de los Irlandeses de Salamanca, traballou nas catedrais de Málaga (1540) e Guadix (1541), e construíu as igrexas de Montefrío (1543) e Iznalloz (1549). Realizou tamén o sepulcro de Alonso Fonseca na igrexa de Santa Úrsula de Salamanca.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Burgos -
Deceso
Lugar : Granada