Silva Redonda

Silva Redonda

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un círculo de prata cargado dun león rampante da súa cor, rodeado o círculo dunha mata de silva de sinople, coas súas follas e moras; en cada cantón do xefe unha cuncha de vieira de ouro.