Silvano/Silvana
Silvano/Silvana
[ONOM]
Antropónimo que procede do nome latino do deus mitolóxico Silvanus ‘do bosque, selvático’. Era unha divindade romana de orixe escura, ao parecer protectora das selvas, bosques e terreos sen cultivar, e a quen se consagraban os límites de separación entre os campos.