Silvano, san
Silvano, san
Apóstolo de Berry (Francia). Identificouse co publicano Zaqueo, que asistiu á entrada de Xesús en Xerusalén desde o alto dunha palmeira. Segundo a tradición francesa, san Pedro enviouno a predicar á Galia. Represéntase como un home de aspecto grave, con cabeleira longa e barba espesa, cun can aos pés e cunha coroa de piñeiro na testa (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 5 de maio.