Simes, Santa María de

Simes, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Meaño. Construída en estilo románico no s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado. Da fábrica románica só se conserva o presbiterio e a portada, que se organiza con arquivoltas tóricas apoiadas en columnas acobadadas. No tímpano inscríbese unha cruz potenzada.