Simferopol’

Simferopol’

Capital da República Autónoma de Crimea, situada en Ucraína (337.118 h [1999]). Ten industria alimentaria e téxtil, unida por ferrocarril con Sebastopol. Xurdiu, no lugar da antiga Neápolis, durante a dominación dos tártaros, como residencia dos khans.