Sīnā, Abu ‘Alī al- usayn ibn
Filósofo e médico iraniano. Coñecido como Avicena, a súa obra filosófica é moi ampla. O Kitāb al-šifā’ (Libro da curación) constitúe unha recompilación de todos os coñecementos do seu tempo, o Kitāb al-na ǧ āt (Libro da salvación) é un compendio do anterior. Na Epístola de Ḥ ayy ibn Yaq ẓ ā, obra alegórica escrita durante o encarceramento a que lle condena Tağ al-Dawla, Avicena é conducido a través do universo por Ḥ ayy ibn Yaq ẓ ā, quen lle amosa as rexións orientais -o mundo da forma-, cun certo parentesco estratigráfico coa Divina Comedia, ata chegar preto do Creador. Inclinouse polo aristotelismo, pero conservou moitos elementos neoplatónicos. A súa concepción do mundo é emanantista. Destaca a súa formulación filosófica sobre a diferenza entre ser creado e ser increado, mediante a teoría da distinción entre esencia e existencia nas cosas creadas, que en Deus coinciden. Considerado a personalidade máis importante da medicina árabe e o primeiro médico da Idade Media, escribiu Dānišname-i ‘Alā’ī (Libro do coñecemento), en que trata de diversos problemas físicos e a enciclopedia médica Kitāb al-qānūn fī-I- ṭ ibb (Libro do canon de medicina).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bukhara -
Deceso
Lugar : Hamad&#