sincronización

sincronización

(< sincronizar)

  1. s f

    Acción e efecto de sincronizar.

  2. s f [IMAX]

    Coincidencia entre a imaxe proxectada e o son emitido simultaneamente.

  3. s f [ENX]

    Procedemento que consiste en poñer en sincronismo dúas máquinas síncronas non unidas mecanicamente.

  4. s f [COMUN]

    Correlación perfecta que hai entre a análise da imaxe na emisión e a síntese na recepción para que exista sincronismo.

Palabras veciñas

sincronía | sincrónico -ca | sincronismo | sincronización | sincronizador -ra | sincronizar | síncrono -na