sincronizador -ra

sincronizador -ra

(< sincronizar)

  1. adx

    Que sincroniza ou serve para sincronizar.

  2. s m [ENX]

    Aparato ou dispositivo que permite sincronizar automaticamente dous alternadores.

  3. s m [IMAX]

    Dispositivo que fai coincidir o funcionamento do obturador dunha cámara fotográfica co do flash, cando este se utiliza.

  4. s m [TECNOL]

    Dispositivo dalgúns cambios de marcha que permite pasar dunha marcha a outra sen sacudidas nin ruídos, aínda que a árbore primaria e a secundaria xiren a velocidades diferentes.

Palabras veciñas

sincrónico -ca | sincronismo | sincronización | sincronizador -ra | sincronizar | síncrono -na | sincronoscopio