Sind
Sind
Rexión de Asia meridional que constitúe unha provincia de Paquistán (140.913 km2; 29.991.161 h [1998]). A súa capital é Karāchi. Ocupa a conca baixa do Indo e está formada por unha chaira agás na estreita franxa de relevos baixos de Kohistān Sulaimān. O clima é subdesértico con chuvias escasas. As cidades principais son Hyderābād e Karāchi. Foi centro da civilización do Indo e formou parte dos imperios dos kushān (s I) e dos guptas (ss IV-V). Suxeita aos califas de Damasco e de Bagdad (712), pasou a mans da dinastía ghazáavida (s XI). Independente (1190?) ata a conquista de Akbar (1560?), formou parte do imperio mongol ata 1707. En 1842 integrouse no Imperio Británico.