Singer, Isaac Bashevis

Singer, Isaac Bashevis

Escritor. En 1935 emigrou a EE UU e en 1943 naturalizouse estadounidense. Colaborou no diario yiddish de Nova York Jewish Daily Forward, e desde 1967 no The New Yorker. As súas novelas e narracións, escritas en lingua yiddish, tratan o mundo dos xudeus europeos, e destacan pola súa paixón pola vida e a desesperanza polas tradicións perdidas. Escribiu tamén libros de memorias e contos para nenos. Da súa obra destacan Satán en Goray (1935), A familia Moskat (1950), Un día pracenteiro: relatos dun neno que se criou en Varsovia (1973) e Yentl the Yeshiva Boy (1983). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Radzymin, Varsovia

  • Deceso

    Lugar : Miami, Florida