singspiel*
singspiel*
s
m
[MÚS]
Ópera cómica (con diálogo falado) en lingua alemá, baseada na òpèra-comique francesa e na ballad opera inglesa. A maior parte dos números cantados baseábanse en ritmos ou melodías populares. O termo apareceu arredor do s XVIII en Alemaña e orixinariamente designaba toda clase de dramas musicais. Destacan Die Entfürung aus dem Serail (O rapto do serrallo, 1781) e Die Zauberflöte (A frauta máxica, 1791) de Mozart, Fidelio (1805-1814) de Beethoven, e Der Freuschütz (O cazador furtivo, 1821) de Weber.