singular

singular

(

  1. adx

    Que é único ou individual.

    Ex: Era un exemplar singular dentro da especie.

  2. adx

    Que é extraordinario ou fóra do común.

    Ex: Tiña un sorriso singular.

  3. adx [DER]

    Aplícase á lei que se atopa soa nun capítulo ou baixo un título dun código.

  4. [FILOS]
    1. adx

      Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito se refire a un só obxecto (este S é P).

    2. adx e s

      Aplícase ao individuo, ao ente individual e ao nome que o designa.

    3. adx e s

      Aplícase a cada un dos entes que só se diferencian entre eles numericamente. Neste senso, o termo contraponse ao de individuo ou individual, xa que a diferenciación de cada un dos individuos é máis radical ca a meramente numérica.

    4. xenérico singular

      Xuízo universal en que o suxeito é un xénero ou unha especie.

  5. adx e s [LING]

    Aplícase a unha das posibilidades de realización do morfema gramatical de número, que representa unha soa entidade individualizada, en oposición ao de plural, que representa máis dunha. Pode representar a singularidade nos nomes contables (cadeira, neno, pardal), a pluralidade nos nomes colectivos (xente, gando) ou no uso xenérico dos nomes contables (o home é racional), e a ausencia de oposición de número nos nomes non contables (bondade, sabedoría).

  6. adx [MAT]
    1. Aplícase ao punto dunha curva ou dunha superficie que non é ordinario ou simple, é dicir, que está illado, non admite tanxente ou é un punto de entrecruzamento.

    2. Aplícase á solución dunha ecuación diferencial que non é deducible da solución xeral.

    3. Aplícase ao punto no que unha función complexa analítica non é analítica, senón que o é nun contorno do punto.