singular
(
-
adx
Que é único ou individual.
Ex: Era un exemplar singular dentro da especie.
-
adx
Que é extraordinario ou fóra do común.
Ex: Tiña un sorriso singular.
-
adx
[DER]
Aplícase á lei que se atopa soa nun capítulo ou baixo un título dun código.
-
[FILOS]
-
adx
Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito se refire a un só obxecto (este S é P).
-
adx e s
Aplícase ao individuo, ao ente individual e ao nome que o designa.
-
adx e s
Aplícase a cada un dos entes que só se diferencian entre eles numericamente. Neste senso, o termo contraponse ao de individuo ou individual, xa que a diferenciación de cada un dos individuos é máis radical ca a meramente numérica.
-
xenérico singular
Xuízo universal en que o suxeito é un xénero ou unha especie.
-
adx
-
adx e s
[LING]
Aplícase a unha das posibilidades de realización do morfema gramatical de número, que representa unha soa entidade individualizada, en oposición ao de plural, que representa máis dunha. Pode representar a singularidade nos nomes contables (cadeira, neno, pardal), a pluralidade nos nomes colectivos (xente, gando) ou no uso xenérico dos nomes contables (o home é racional), e a ausencia de oposición de número nos nomes non contables (bondade, sabedoría).
-
adx
[MAT]
-
Aplícase ao punto dunha curva ou dunha superficie que non é ordinario ou simple, é dicir, que está illado, non admite tanxente ou é un punto de entrecruzamento.
-
Aplícase á solución dunha ecuación diferencial que non é deducible da solución xeral.
-
Aplícase ao punto no que unha función complexa analítica non é analítica, senón que o é nun contorno do punto.
-