singradura

singradura

(< singrar)

  1. s f [MAR]
    1. Distancia que percorre unha embarcación nun día civil, é dicir, en vinte e catro horas, contadas de mediodía a mediodía. É sempre un pouco maior ou menor de vinte e catro horas a causa da diferenza de lonxitude adquirida na súa duración.

    2. Rumbo que leva unha embarcación.

    3. Intervalo de vinte e catro horas, que xeralmente empeza a contarse desde o mediodía.

  2. s f

    Rumbo ou camiño que percorre algo ou alguén.

Palabras veciñas

singletón | singnátido -da | singnatiforme | singradura | singrar | singspiel* | singular