sintonizador

sintonizador

(< sintonizar)

s m [TECNOL]

Aparato que se empregas para sintonizar unha onda correspondente a unha emisora determinada. Distínguense polo nome das frecuencias ou lonxitudes de onda que poden sintonizar (UHF, VHF, LW, MW, SW), ou polo seu tipo de modulación (AM, FM, PM). Adoita dispoñer de indicador e control automático de frecuencia, visualizador para facilitar a sintonización e un control de nivel de saída. Tamén os hai provistos de control por microprocesador, memoria e busca automática de emisoras, coñecidos como sintonizadores con sintetizador de frecuencia.

Palabras veciñas

sintonema | sintonía | sintonización | sintonizador | sintonizar | Sintra | Sintra, Pedro de