Sintra
Sintra
Cidade de Lisboa, Portugal, situada ao N da serra de Sintra (25.630 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destacan o Paço de Sintra, antiga residencia estival dos monarcas portugueses (ss XIV-XV), o Castelo dos Mouros (ss VII-VIII), o Palácio da Pena (1839-1850) e a Quinta de Monserrate. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1995).