Sisebuto
Sisebuto
Rei visigodo (612-621). Elixido rei polos nobres, sucedeu a Gundemaro. O seu xeneral Réquila dominou os asturianos rebeldes, mentres que Suintila someteu os vascos. Derrotou os bizantinos do patricio Cesario en dúas batallas e reduciu os seus territorios ao Algarve. Home culto, foi autor dun poema Astronomicon, sobre a influencia dos astros, e tamén de diversas epístolas en que refutaba o arianismo.