situación

situación

(< situar)

  1. s f

    Maneira de estar situada unha cousa ou unha persoa.

  2. s f

    Posición dunha persoa con relación a outras, ao grupo social ou ao conxunto da sociedade.

  3. s f
    1. Conxunto de circunstancias ou relacións que constitúen un estado de cousas determinado.

    2. Conxunto de circunstancias, factores físico-biolóxicos, sociais ou históricos en que se acha unha persoa ou un grupo, no seo do que ha de decidir o seu comportamento concreto.

  4. s f
    1. [XEOG]

      Posición dunha casa, vila, cidade, rexión ou país en relación co medio físico que conforma o contorno.

    2. [MAR/AERON]

      Punto da carta que sinala a posición dunha embarcación ou dunha aeronave. Determínase pola intersección de polo menos dous lugares xeométricos que se obteñen por calquera procedemento astronómico ou de radionavegación, sobre os que debe estar necesariamente a embarcación ou a aeronave nun momento determinado.

Palabras veciñas

Sittwe | situábel | situable | situación | Situación de Galicia | situar | sítula