sítula
sítula
(< lat situla)
s
f
[ARQUEOL]
aso metálico de forma cilíndrica, coa boca máis ampla ca a base e frecuentemente cunha anga curvada e móbil, realizado en bronce ou en arxila. Os romanos utilizábana para transportar líquidos, pero tiña ademais un sentido relixioso. A decoración das paredes era repuxada primeiro a martelo e posteriormente con moldes, e algunhas levaban incrustacións de prata e pedras preciosas.