Sjælland
Sjælland
Illa de Dinamarca, a principal do arquipélago danés (7.450 km2; 2.248 h [estim 2001]). Situada entre o mar do Norte e o estreito de Kattegat, está separada de Suecia ao L polo estreito de Øresund e da illa de Fun, ao O, polo Gran Belt. É a zona máis poboada de Dinamarca, concentra case a metade da súa poboación e nela atópase a capital, Copenhaguen.