Skéodowska, Maria

Skéodowska, Maria

Física polaca. Coñecida como Marie Curie, trasladouse en 1891 a París para ampliar os seus estudos de física e matemáticas en La Sorbonne, onde se licenciou en 1893 e doutorou en 1903. En 1895 contraeu matrimonio con Pierre Curie, con quen compartiu as súas investigacións. Foi profesora da École Normale Supérieure feminina de Sèvres (1900), asistente no laboratorio dirixido polo seu marido (1904) e tras a morte de P. Curie, ocupou a súa cátedra en La Sorbonne, co que se converteu na primeira muller que accedeu a unha cátedra en Francia. Baseándose nos traballos de Becquerel sobre a emisión de radiacións do uranio, descubriu a radioactividade do torio (1897), case ao mesmo tempo que G. C. Schmidt, e pouco tempo máis tarde, os Curie, coa colaboración de André Debierne, conseguiron illar o radio puro en estado metálico e o polonio. En 1914 fundou o Institut du Radium de París, centro onde investigou as aplicacións médicas da radioactividade. A súa obra máis importante é Traité de radiactivité (1910). En 1903 recibiu, xunto con P. Curie e H. Becquerel, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento da radioactividade, feito que a converteu na primeira muller galardoada cun Premio Nobel, e en 1911 recibiu o Premio Nobel de Química polo illamento do radio puro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Varsovia

  • Deceso

    Lugar : Sallanches, Alta Savoia