Skrajabin, V’ačeslav Mikhajlovič

Skrajabin, V’ačeslav Mikhajlovič

Político ruso. Coñecido como V’ačeslav Mikhajlovič Molotov, en 1906 ingresou no partido bolxevique. Presidente do Consello de Comisarios do Pobo (1930) e do Komitern (1930-1934), en 1939 foi nomeado Comisario do Pobo e despois ministro de Asuntos Exteriores, e como tal asinou o pacto de non agresión xermano-soviética. Co inicio da destalinización (1956) foi destituído do seu cargo e expulsado do comité central do PCUS en 1957, e do partido en 1962. En 1984 foi readmitido no PCUS. Deu nome ao cóctel Molotov.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kujarka, actual Sovetsk, Rusia

  • Deceso

    Lugar : Moscova