Smolensk

Smolensk

Capital da oblast’ homónima, Rusia (356.000 h [1997]). Trátase dun porto fluvial no curso superior do Dniéper. É un centro industrial metalúrxico e de industria lixeira, que proporciona o 40% da produción industrial da rexión. O seu dominio foi obxecto de fortes loitas entre Lituania-Polonia e Rusia e, finalmente, foi conquistada polos rusos (1654). Destacan a igrexa de San Pedro e San Paulo (1146), a catedral do Tránsito (1677-1679), a muralla construída por Boris Godunov (1596-1602) e a cidadela real (s XVII).