Sobrado, San Salvador de
Sobrado, San Salvador de
Igrexa parroquial situada na Pobra de Trives. Trátase dun edificio románico de comezos do s XII que pertenceu ao antigo mosteiro homónimo. Ten nave única con cuberta a dúas augas e ábsida semicircular precedida dun tramo recto. Realizado en cantaría, presenta varios contrafortes no exterior. Destaca a súa portada principal, precedida por un pórtico do s XIV e, no interior, os capiteis e os cimacios decorados dos dous pares de columnas que sosteñen o arco triunfal, así como a imposta axadrezada que marca o arranque de varios vans ao longo de toda a nave e da ábsida.