Sobrán, San Martiño de

Sobrán, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. De estilo románico, foi construída durante o s XII e pertenceu a un antigo mosteiro homónimo que desde o s XV se transformou en pazo. O templo ten planta rectangular de nave única e ábsida semicircular, unida ao presbiterio. Destaca a fachada principal con dous contrafortes; sobre a portada, que enmarca o tímpano liso con varias arquivoltas, destacan dous corpos abertos cunha fiestra -que dá ao coro- enmarcada por unha triploa arquivolta, un rosetón na parte superior e unha torre campanario no lateral. Exteriormente decorouse todo o contorno con pequenos aleróns sostidos por ménsulas e canzorros. Tamén destaca a decoración zoomórfica e vexetal dos capiteis e os motivos axadrezados das columnas da portada principal.