sobrecarga

sobrecarga

(

  1. s f
    1. Exceso de carga.

    2. [ENX]

      Exceso de carga sobre a carga nominal dunha máquina ou dunha instalación.

    3. [MAR]

      Exceso de carga embarcada a bordo dun barco, que chega a facer somerxer a liña de máxima carga.

    4. [TECNOL]

      Carga suplementaria que pode ter que soportar unha estrutura, un aparato ou unha máquina en circunstancias excepcionais e que ha de ser prevista ao calcular a resistencia dos elementos.

  2. s f [FILAT]

    Impresión tipográfica de carácter oficial que se fai sobre un selo para aumentar o seu valor, conmemorar un suceso ou modificar o seu uso.

  3. s f [DER]

    Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos de contribuínte.

  4. s f

    Corda coa que se ata a carga das cabalarías ou coa que se asegura cada feixe dunha carga.

  5. s f

    Esforzo ou exceso engadido a unha actividade.

  6. s

    Mandatario, no comercio marítimo, que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaron o armador ou os propietarios da carga.

  7. s

    Membro da tripulación dun avión que se encarga de tarefas auxiliares.

Palabras veciñas

sobrealimentar | sobrearco | sobrecama | sobrecarga | sobrecargar | sobrecea | sobrecear