Sobrino Buhigas, Carlos

Sobrino Buhigas, Carlos

Pintor. Foi profesor de debuxo na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Realizou unha obra de carácter realista caracterizada polo debuxo firme e por unha paleta de cores en que abundan os carmíns, amarelos, verdes e azuis. A súa temática é galega con representacións de paisaxes, rurais e urbanas, e escenas da vida cotiá. En 1911 obtivo a terceira medalla na Exposición Internacional de Barcelona e a segunda na Exposición Universal de Panamá de 1916 por Calle de una ciudad gallega. Participou tamén nas exposicións rexionais da Coruña (1917 e 1923) e Santiago de Compostela (1926). Das súas obras destacan Tríptico marinero, Tríptico campestre, Mujer con gallina, Crucero, Romería, Aira campesina e Santa María desde A Caeira.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Vigo