Sobrino Manzanares, María Luisa
Sobrino Manzanares, María Luisa
Historiadora da arte. Doutorouse en Historia da Arte na Universidad de Madrid coa tese Cuatro pintores gallegos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto e Laxeiro (1973). Catedrática de Arte Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, centrou os seus estudos na arte contemporánea, en especial na galega. Dirixiu o proxecto Índice documental de escultores galegos do s XX (2002) e colaborou en diversas publicacións e exposicións. Das súas obras destacan Colmeiro (1981), O cartelismo en Galicia desde as súas orixes ata 1936 (1993) e Escultura contemporánea en el espazo urbano: transformaciones, ubicaciones y recepción pública (1999). Pertence ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo